domingo, 23 de abril de 2017

DA DEMOCRACIA EN ATENAS, CUESTIÓN DE XUSTIZA



Atenas debe unha gran parte da súa riqueza ao mar. O seu porto, o Pireo, permitiu converterse aos atenienses en grandes navegantes e mercaderes, tan distintos a outros gregos, especialmnete dos espartanos.

 DA MONARQUÍA Á OLIGARQUÍA: Exeo ou Teseo eran os reis mitolóxicos da cidade, exerceron monarquía válido ata que os chamados eupátridas (nobres) estableron unha Oligarquía entregando o poder a nove maxistrados, os arcontes, elixidos anualmente entre os nobles e un consello denominado Areópago. Pero os nobles eran os únicos que administraban xustiza e debían ser bastante inxustos xa que as leis non estaban escritas e obraban segundo os seus intereses.

AS LEIS ESCRITAS DE DRACÓN A SOLÓN:  Dracón foi un noble encargado de realizar un código escrito severo e favorable aos oligarcas (hoxe aínda se fala de leis draconianas como sinónimo de crueldade), pero as leis escritas foron un avance ao ser modificadas finalmente por Solón (594 a.C.) vexa,mos algunha destas leis aprobadas por Solón e que abrirían o paso á democracia posterior:
- Prohíbese que os debedores non sexan vendidos como escravos.
- Un sistema de votación  para unha nova Asemblea o Consello dos Catrocentos.
- Permitir ao pobo participar das asambleas e tribunais de xustiza.

TIRANÍA: A reacción non se fixo esperar as familias nobles opuxéronse a estes cambios e un cidadán rico denominado Pisístrato declarouse tirano no 546 a.C. aproveitando a desorde creada e procurando non incomodar ao pobo, cousa que os seus fillos, que lle sucederon, non farían provocando a chegada da Democracia.

CLÍSTENES E A DEMOCRACIA ATENIENSE: O goberno de Clístenes en 508 a.C. estableceu a Isonomía, é dicir a igualdade de todos os atenienses ante as leis, base da Democracia, Pobres ou ricos, podían ocupar un cargo público. tiñan os mesmos dereitos. Duplicou o dereito a voto nun Consello dos Quincocentos e reorganizou a sociedade para socavar o poder da aristocracia. Introduciu o ostracismo ( poder desterrar a un cidadán non grato por dez anos). este era o sistema que implantou:


Tratábase dunha democracia directa, coa elección de cargos por sorteo, promovía a participación (outorgando dietas aos máis pobres para que eles tamén participase), pero só un 20% da poboación de Atenas exercía esta fórmula de poder, mulleres, estranxeiros e escravos estaban excluídos.



Arconte: gobernante (de -arquía: mando,goberno)
Areópago: Tribunal de xustiza
Aristocracia: Os mellores ( aristos-), é dicir, os nobres no poder ( -cratos: poder, dominio).
Boulé: Consello.
Democracia: Os demos ( os barrios de Atenas, o pobo)  no poder (-cratos: poder, dominio).
Ecclesía: asemblea.
Heleia: Tribunais populares.
Isonomía: Instaurada por Clístenes, base da Democracia: iguais ( isos: igual) antes as leis (nomos: lei)
Monarquía: goberno ( -arquía) dunha soa persoa (monos-).
Oligarquía: goberno ( -arquía) duns poucos (oligos-)
Tirano: Poder unipersoal, acaparado por unha soa persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario