luns, 11 de xaneiro de 2016

DÉDALO E ÍCARO NO LABIRINTO

  Este mito parte de Atenas e lévanos a Creta, os seus protagonistas son: Dédalo o artesán e inventor e o seu fillo Ícaro  ímonos preguntar:


Dédalo tivo que fuxir da súa cidade, por que?

Para que  foi contratado por Minos en Creta?

Contan que tamén axudou en segredo a Pasifae, a muller de Minos, en que cousa? Sería esta a causa do seu posterior castigo?

Cal foi o castigo que impuxo Minos a Dédalo e ao seu fillo? Con que invento  Dédalo logrará fuxir de Creta e de Minos?

Que lle ocorre finalmente a Ícaro?

Onde acaba os seus días Dédalo? Cal é o derradeiro encontro co rei Minos? Como din que morre o famoso rei de Creta?

Este mito de Dédalo ten moitos paralelos co de Teseo e o Minotauro. Por quen cres que foi inventado? Razoa a resposta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario