ACTIVIDADE DE REDACCIÓN: A aparición dos mortais na mitoloxía grega:
Trátase de explicar o mellor posible os seguintes epígrafes, todos relacionados coas distintas formas coas que na Antiga Grecia se contaba, a través da mitoloxía, a aparición dos mortais sobre a Terra.
- As idades do home de Hesíodo e Ovidio: Ler e resumir as etapas que describe Hesíodo e comparalas coas de Ovidio. Tras esta comparación do mito realizar un contraste coas etapas da Prehistoria e a Historia real dos seres
humanos: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce e Ferro... Debes usar as lecturas dos textos que enlazamos máis abaixo.
- Prometeo, Pandora e os mortais: Reflexión creativa sobre
os deuses e os seres humanos (homes e mulleres) na mitoloxía grega e as
semellanzas e diferenzas con outros relatos mitolóxicos da creación (outras mitoloxías). Descargar o PDF coas cuestións sobre Prometeo e Pandora.
- Deucalión e Pirra: Que semellanzas e diferenzas existe con
outras mitoloxías. Con que etapa das idades do home de Hesíodo coincidiría?
Houbo un diluvio universal?
- Un mito da creación máis filosófico: Platón e o mito dos
andróxinos. Será verdade iso que se di do amor e o da media laranxa? Podes ver no vídeo unha versión da lectura do mito no discurso de Platón e resumilo.
- INVESTIGA: O mundo dos mortos. Descrición do mundo
Subterráneo. O sorteo dos mundos: Hades, como chega a ser o deus dos mortos?
Ubi sunt?
LECTURAS PARA ESTA ACTIVIDADE:
Hesíodo: Os traballos e os días (As Idades vv. 106-202).
Ademais para Pandora podes ler no enlace: en Teogonía 535-570 e a continuación tamén en Os traballos e os días, 47-58 e 90-105)
Ovidio: Podes consultar As Metamorfoses (Debes buscar os versos indicados para ler no libro I As Idades vv. 76-148 e O
diluvio e Deucalión e Pirra vv. 244-415)
Platón: O banquete (discurso de Aristófanes).
Ningún comentario:
Publicar un comentario